viernes, 4 de mayo de 2018

HOMENAXE AO LIBRO

O pasado 23 de abril, "Día do libro" veu á nosa biblioteca Luís  Vallecillo, músico e compositor, para ensinarnos que os contos , ademais de contarse, poden cantarse e mesmo bailarse.
Así interpretou "Os tres 
cerditos", "A galiña azul", "O bigote de  Mimi"....
Foi unha xornada moi amena e un xeito diferente de escoitar contos.



Para conmemorar este día fixemos tamén un traballo de aula ilustrando unha poesía de Gloria Fuertes titulada "Mi cara" que xa levábamos un tempo recitando e cantando...
Cada nen@ debuxou a súa cara seguindo a letra da poesía.




Mais tarde rematamos esta celebración cun Festival no que cada aula achegou o seu traballo.

@s Pequech@s representaron unha obra que titulamos "Muchos cerditos y un lobo feroz" (baseada no conto tradicional "Os tres porquiños").



Tamén cantaron a canción "Mi cara" (da poesía traballada na aula).



Logo recitaron un  anaco do poema "Alborada" de Rosalía de Castro que xa aprenderan polo Día de Rosalía.


Con  Meli, a  profe de inglés, tamén cantaron unha canción  xestualizada titulada  "My bear Teddy".

Por último, agradecer ás familias a súa asistencia a esta celebración e a  Amaya, a coidadora do centro, pola axuda prestada na realización das casas dos porquiños.

No hay comentarios:

Publicar un comentario