jueves, 21 de marzo de 2019

DÍA DA POESÍA


Hoxe conmemorouse o Día Mundial da Poesía e na aula unímonos a esta celebración lendo un poema de Federico García Lorca titulado "Mariposa del aire". Elixín  este  poema  porque, ademais  de  ser moi  sinxelo para  @s  nen@s, tamén nos introduce na temática da primavera que é cando reaparecen as bolboretas.




domingo, 17 de marzo de 2019

RECICLANDO...

O pasado venres recibimos a visita de dous representantes da área de medio ambiente do Concello para darnos unha charla, apoiada con imaxes, sobre a importancia e a necesidade de reciclar para evitar as desfeitas que estamos a provocar no medio ambiente.

Durante a sesión observamos e falaronnos dos diferentes contedores e dos residuos que debemos botar en cada un deles. Logo fixeron  c
@s  nen@s un ensaio para ver como reciclaban.
Para finalizar agasallaronnos cunhas bolsas de tea para evitar, na medida do posible, a utilización das de plástico polo que contaminan.

martes, 5 de marzo de 2019

ENTROIDO 2019

 Chegou o tempo de Entroido, das caretas e dos disfraces....
Este ano a careta de aula elixida para estas datas foi a dun monstro, o protagonista do conto: "El monstruo de colores" de Anna Llenas que estabamos a ler na aula nestas datas e que versa sobre as diferentes emocións que sentimos na nosa vida.
Despois de ter feitas as caretas e de xogar con elas chegou a festa do entroido o pasado venres na escola. O programa desta celebración segue o esquema de anos anteriores:
Recibimento nas aulas; pousado colectivo para foto; desfile por parellas; talleres de xogos no ximnasio e de plástica nas aulas (realización dunha  maraca con rolos de papel); e por último a merenda de  Entroido.
                                                                                         

martes, 26 de febrero de 2019

RECORDATORIO

 Onte, como todos os anos, non nos esquecimos dun aniversario moi especial, o de ROSALÍA DE CASTRO,  e para homenaxear a esta gran autora limos datos moi puntuais da súa biografía e tamén algunha que outra poesía...

Logo observamos o seu retrato e decidimos alegralo dándolle unha pouca de cor para, finalmente, completar o seu nome engadíndolle as vogais que lle faltaban e que xa coñecen a maioría d@s  nen@s da clase.



jueves, 14 de febrero de 2019

UN AGASALLO DE CORAZÓN

Hoxe, 14 de febreiro, @s  nen@s levaron para a casa uns agasallos de corazón que fixeron coa  profe Mada.


Na aula, @s  pouc@s que estabamos hoxe, celebramos esta data den de a perspectiva das emocións, enfocando o amor como un sentimento de agarimo e respecto polas familias, as amizades. os compañeiros e compañeiras....
Complementamos esta temática coa lectura  duns contos da biblioteca.

 
 


Para rematar, fixemos un traballo de matemáticas que consistía en recoñecer e trazar o número cinco, asignándolle despois os elementos correspondentes que non podían ser outros, nesta data, que uns corazóns que eles e elas escolleron e recortaron.

lunes, 4 de febrero de 2019

DÍA DA PAZ...

O pasado mércores 30 de xaneiro, DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ, realizamos na escola, como todos os anos, unha serie de actividades conxuntas para conmemorar esta data.
En días anteriores tratamos na aula esta temática falando, lendo contos e dando opinións.
Tamén fixemos unha serie de traballos relacionados coa paz: decoramos a pomba de Picasso; limos unha poesía de Gloria Fuertes, adaptámola e aprendemos un anaco da mesma; recortaron e pegaron, na aula de  Mada, uns paxaros como símbolo da paz.
No día da celebración realizamos o seguinte programa:
Recitado de poesías
Audición de contos ("Hoxe non xogas", " Imaxine")
Visualización dun vídeo titulado "A Ponte"
Cantamos o  Dia da Paz de Pablo Díaz e unha canción  xestualizada en inglés.
finalizamos o evento degustando os típicos flocos de millo.

Aquí déixovos un resumo do acontecido...




jueves, 27 de diciembre de 2018

TEMPO DE NADAL...


 Chegou o Nadal e @s nen@s realizaron unha serie de traballos relacionados con estas datas: postais solidarias (lembrade recollelas), decoración de bolsas,portada de traballos, Papa Noel para colgar....


O último día de clase finalizamos o trimestre coa visita do carteiro real que veu recoller as cartas para os Reis Meigos que @s
  nen@s fixeran con Mada.


Neste mesmo día tamén asistimos a unha audición de  saxofón a cargo de Lorena da Escola de Música de Arteixo. Contou un conto apoiado cos sons do  saxofón que @s nen@s acompañaron con xestos e accións.


¡¡Por último desexarvos un Bo nadal e un próspero Ano Novo!!

domingo, 16 de diciembre de 2018

POSTAIS SOLIDARIAS

Outro ano máis se volve a facer, impulsada polo  CCA,a campaña de recollida de postais para "o troco"(postais por alimentos).Cada  nen@ fixo a súa postal que xa está exposta no establecemento comercial que maña vos indicarei.
Este ano comunicáronnos que hai novidades:


"As postales viaxarán polo mundo.

E é que puxemos en cada establecemento un buzón. Nel se poden meter as postais, en lugar de levalas a casa, cunha mensaxe de felicidade. Nós faremos que cheguen, a través de 4 entidades sociais, a nenos e nenas do mundo que estean a pasar por dificultades. Estas entidades son «El buen samaritano», asociación de Arteixo que traballa con familias de Mozambique; «Semilla para el Cambio», ONG de A Coruña que traballa en Varanasi, India; «Axuda Burundi», unha moi pequena ONG repartida entre Arteixo e Asturias que axuda a un orfanato ubicado en Burundi; e o Centro Palavea, un centro de menores ubicado na Coruña.


Por iso é moi importante que os animedes a participar. E a que non só deixen alimentos para as familias de Arteixo, senón que tamén manden os seus mellores desexos a outras persoas polo mundo."


domingo, 9 de diciembre de 2018

UN CONTO PARA A IGUALDADE

Continuando coa temática da igualdade, na escola visitounos, como xa estaba programado, a contacontos Erica González. Contounos un conto titulado " El reino de tú puedes, yo puedo" que reforza a idea de que  todos e todas podemos aspirar a facer as mesmas cousas na vida sen que haxa desigualdades por razóns de xénero.
Esta actividade foi subvencionada parcialmente polo CIM do concello de Arteixo dentro do programa de Igualdade.